V

V

BENVIDOS

BENVIDOS!!!! Este blog está adicado aos que disfrutades desta aventura de aprender e queredes compartir este percorrido que nós continuamos. Na etapa infantil empezades un camiño que remataredes cando deixedes o noso colexio, xa levamos un treito feito e imos continualo, deixando unha ventá aberta para mostrarvos parte do noso traxecto.
Por iso todos xuntos...IMOS INDO.

TATE KIDS!!!!

Encántanos o museo Tate en Londres!!! Nel pódense admirar moitísimas obras de arte, alguhnas das cales xa coñecemos, como as composicións de Mondrian ou Kandinsky. Pero o que máis nos gusta é que é un Museo adicado a persoas de todas as idades, todo o mundo o pode disfrutar. E para viaxar coa imaxinación, no rincón de Inglés vos deixamos un acceso á páxina do museo, no que toparedes xogos, actividades... Enjoy it!!

Clothes and Town!

Remember to visitour English Corner to practise and revise some vocabulary and expressions!!!!

SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA


O luns 27 de xaneiro realizamos unha saída para asistir a unha actividade didáctico-musical no Auditorio Centro Cultural Vigo, para coñecer o foclore e o patrimonio inmaterial da nosa terra e algúns intrumentos autóctonos.



DÍA DA PAZ

Como cada 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz con distintas actividades: facendo murais, móbiles, debuxos e aprendendo cancións. Lembramos que a paz non é asunto dun só día, senón que debemos tela en conta sempre.