V

V

BENVIDOS

BENVIDOS!!!! Este blog está adicado aos que disfrutades desta aventura de aprender e queredes compartir este percorrido que nós continuamos. Na etapa infantil empezades un camiño que remataredes cando deixedes o noso colexio, xa levamos un treito feito e imos continualo, deixando unha ventá aberta para mostrarvos parte do noso traxecto.
Por iso todos xuntos...IMOS INDO.

SAMAIN E MAGOSTO!!

Que ben o pasamos celebrando as dúas festas! Pola mañá asustámonos no Samain e pola tarde nos recuperamos cun bo magosto!

BENVIDA!!!!


Benvidos de novo ao noso blog. Nel continuaremos amosándovos as distintas actividades que realizaremos: traballos, o proxecto, as saídas e as festas que celebraremos ao longo deste curso 2014/15.

Continuaremos traballando en equipo e facendo dinámicas e estructuras de traballo cooperativo, como veredes nestas fotos.

Que ben o pasamos coa tea de araña!

E MENUDOS EQUIPOS FORMAMOS!
MENUDOS,
QUE CHEGARÁN A SER… GRANDES!




FIN DE CURSO!!!!

Último video do curso. FELIZ VERÁN E ATA SETEMBRO!!!!


MOUGÁS 2014

Como ven sendo habitual estes últimos anos, non podía faltar neste curso 2013/2014 a excursión ao Camping de Mougás. Aínda que o tempo  puido ser mellor disfrutamos un montón. Velaquí tedes unha pequena mostra.

VOLTA ESPAÑA 2014

Este ano volve a visitarnos a Volta Ciclista a España. Cangas será final de etapa e nas horas previas á chegada dos ciclistas haberá unas carreiras para rapaces. A organización viu ao colexio para seleccionar algúns alumn@s. Aquí tedes unha mostra do ven que o pasaron cos bicis!!!!



 

DEGUSTANDO MEXILLÓNS!!!!

Para rematar o segundo trimestre fixemos unha degustación de pratos feitos con mexillóns: paté mariño, sushi, brochetas e empanadillas.

QUE BO ESTABA TODO!!!!




VISITA DE MAIKA MAYA

Continuando co proxecto, viu ao centro a dar unha charla Maika Maya, traballadora do Consello Regulador do Mexillón de Galicia e exalumna do colexio.



PRIMEIROS PASOS DO PROXECTO

Este curso estamos a traballar nun proxecto interdiciplinar sobre "O mexillón". No primeiro trimestre reunímonos todo o ciclo para, entre todos, escoller o tema e os distintos puntos a desenrolar, que se lle adxudicaron a cada clase para buscar información. Aquí tedes unha pequena mostra deste proceso!


TRABALLANDO NO PROXECTO DO MEXILLÓN

DEBUXA O QUE VES!

O mércores 9 de abril, os alumnos de 3º saímos a Varalonga para debuxar, ao aire libre, o que ven os nosos ollos e non o que nos imaxinamos.







POSTA EN COMÚN DO PROXECTO: "O MEXILLÓN"

Despois de pasar o primeiro trimestre buscando información e fotos na aula de informática e na casa, en xaneiro resumimos cos nosos mestres os folios e folios que recollemos para facer un resumo e, por grupos, poñelo en común e expoñelo ante todos os compañeiros de ciclo axudándonos das novas tecnoloxías. Ademais comezamos a preparar a exposición do noso proxecto, que todos podedes visitar na entrada do noso colexio.


ENTROIDO

O venres 28 de febreiro celebramos o ENTROIDO cunha festa medieval, na que houbo un concurso de disfraces e unha degustación de doces típicos destas datas. Ao longo desa semana traballamos nas aulas para ambientar o pavillón.



TATE KIDS!!!!

Encántanos o museo Tate en Londres!!! Nel pódense admirar moitísimas obras de arte, alguhnas das cales xa coñecemos, como as composicións de Mondrian ou Kandinsky. Pero o que máis nos gusta é que é un Museo adicado a persoas de todas as idades, todo o mundo o pode disfrutar. E para viaxar coa imaxinación, no rincón de Inglés vos deixamos un acceso á páxina do museo, no que toparedes xogos, actividades... Enjoy it!!

Clothes and Town!

Remember to visitour English Corner to practise and revise some vocabulary and expressions!!!!

SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA


O luns 27 de xaneiro realizamos unha saída para asistir a unha actividade didáctico-musical no Auditorio Centro Cultural Vigo, para coñecer o foclore e o patrimonio inmaterial da nosa terra e algúns intrumentos autóctonos.